logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Andrea Nunes Brións

www.paquebote.com > Todos los libros > Tecermos redes, crearmos comunidade «Estudos sobre a obra de María Reimóndez»

ISBN:

9788491216766

Tecermos redes, crearmos comunidade «Estudos sobre a obra de María Reimóndez»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: , 24 x 17 cm.
Precio: 26,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez "
é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez.
O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal