logo paquebote
23 libros encontrados buscando autor: An Alfaya

www.paquebote.com > An Alfaya

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-541-7

O grupo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador?
Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade.
Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo. Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.


ISBN:

978-84-9914-904-2

Muros de aire

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 248
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asuntos administrativos; Cora do traballo de campo, e será a súa implicación emocional coas persoas entrevistadas o que fará remexer nela escuras lembranzas do seu pasado.
Fuxindo dun ambiente opresor, e incapaz de desbotar do pensamento os testemuños inquietantes dos suicidas, Cora diríxese á cidade que a viu medrar buscando o acubillo de Remedios, a súa avoa, unha muller de personalidade castradora. Xaora, non atopará acougo, senón un mundo de falsidades agochadas no soto da súa infancia.
Un mosaico de personaxes que actúan como monicreques guiados por un destino perverso que controla as súas vidas, erguendo entre eles herméticos muros de aire.


ISBN:

978-84-9914-632-4

O fío vermello

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Rústica
Precio: 11,45
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira. Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán.


ISBN:

978-84-9046-013-9

Zoa e Azor

Editorial: Tambre   Fecha de publicación:   
Precio: 9,80
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

9798476803713

21.ESTRELA VOLARINA NA TORRE CORALINA/CONTACONTOS

Editorial: Ir Indo Distrbucions   Fecha de publicación:   
Precio: 6,67
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9046-030-6

O recendo das clementinas

Editorial: Tambre   Fecha de publicación:    Páginas: 169
Precio: 9,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-436-8

O aroma do liquidámbar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 12,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. (*CR*)Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.(*CR*)


ISBN:

978-84-9914-284-5

Vía secundaria

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa da curva; Hilario, mecánico nun taller do polígono, desconcertado pola súa incapacidade para dar explicacións atinadas sobre os feitos. Vidas en vía secundaria sometidas ás faenas do destino. Vidas anónimas, tecidas por perdedores do noso tempo que agardan polo seu paquete de felicidade.(*CR*)Un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.(*CR*)


ISBN:

9788492404636

26.(G)/ANFORA EXIPCIA, A.(AD.VERDE)

Editorial: Tambre   Fecha de publicación:   
Precio: 9,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788498650150

Vacas na cidade?

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: Cartoné
Precio: 10,19
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A Paulo encántanlle as vacas. Pero estas que vai ver na cidade son moi especiais.



[1-10]  [11-20]  [21-23]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal