logo paquebote
9 libros encontrados buscando autor: Alonso Montero, Xesús

www.paquebote.com > Alonso Montero, Xesús

Orden: · Ver: · Tipo:


ISBN:

84-9782-320-6

Lorenzo Varela (1916-1978) 'Unha fotobiografía'

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: Cartonado 20,50 x 27 cm.
Precio: 51,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo Varela, recolle un detallado percorrido fotobiográfico sobre a peripecia vital e traxectoria literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2005. Un libro, prologado polo profesor Xesús Alonso Montero, que recolle centos de fotografías (a maior parte deles inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas:
1916-1931: Infancia: La Habana – Monterroso- Buenos Aires.
1931-1934: Aceiro e mel: Lugo
1934-1939: Armas e letras: Madrid – Guerra Civil.
1939-1941: Camiño do desterro: Francia – México.
1941-1947: A esperanza renacida: Buenos Aires.
1947-1952: O Exilio no exilio: Uruguai.
1952-1976: A dobre patria galaico-criolla: Buenos Aires.
1976-1978: As cicatrices do retornado: Madrid – Galicia.
A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Xesús Alonso Montero (“Raíces lingüísticas, raíces literarias e raíces políticas de Lorenzo Varela”), Xosé Gregorio Ferreiro Fente (“Do socialismo ateniense ao mi mamá me mima. Lorenzo Varela e o padroado das Misións Pedagóxicas”), Alberto Portas Gómez (Lorenzo Varela. O militante e o seu tempo”), Carlós L. Bernárdez (“Lorenzo Varela: ‘o diagrama dun grito`. Unha visión esgazada e reflexiva da poesía, a arte e a vida”) e Xosé Luís Axeitos (“Lorenzo Varela, unha voz amurallada). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Lorenzo Varela. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.



ISBN:

9788482881997

Tres poetas medievais da ría de Vigo

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 356
Formato: Rústica
Precio: 25,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

O libro é o resultado das achegas de tres estudosos que, desde as ópticas máis acordes coas súas traxectorias de traballo, se aproximan ao mundo da poesía galega da Idade Media. Henrique Monteagudo asina un estudo de carácter introdutorio sobre o marco histórico e literario no que se desenvolve a lírica trobadoresca. Luz Pozo Garza leva a cabo unha detallada análise das cantigas e Xesús Alonso Montero explora a historia bibliográfica e crítica da poesía galego-portuguesa, dende a súa descuberta e primeiras edicións ata a súa presenza constante no devir da lírica galaga do século XX.


ISBN:

978-84-9914-506-8

Manuel Lueiro Rey (1916-1990) «A liberdade ferida»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida pretende actualizar e pór ao día, tanto para as xeracións máis novas coma para os seus coetáneos aínda felizmente entre nós, a traxectoria biográfica do autor de Fornelos de Montes que escolleu Pontevedra para traballar e O Grove para vivir, sen esquecer o pouso humano que deixou en tantas persoas, o seu pensamento político e, xaora, a súa extensa, e aínda hoxe pouco divulgada, produción prosística, poética ou ensaística.
Para esta abordaxe, o libro convocou persoas de diversas xeracións e sensibilidades distintas que participaron nel con entusiasmo, sempre converxendo no respecto e admiración que a figura, a obra ou o legado de Lueiro suscitou neles. Velaquí, en suma, unha homenaxe literaria, dalgún xeito tamén cívica, ao autor d’O sol na crista do galo, de quen se rescatan, asemade, textos literarios inéditos ou escasamente coñecidos da súa autoría, alén dun abondoso corpus fotográfico e documental nunca antes publicado.



ISBN:

9788491219781

Dicionario da nova literatura galega «86 voces responden un inquérito, 1969»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 258
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 18,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936. Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural. Este singular dicionario, en edición de Ramón Nicolás, posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos cincuenta anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de inequívoco interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos mais tamén desvela as claves dun tempo que se proxecta nos nosos días.


TRES POETAS MEDIEVAIS DA RÍA DE VIGO. MARTÍN CODAX, MENDIÑO e XOHÁN DE CANGAS

Precio: 18,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

Enc. editorial con solapas. 350 pp.+3 hh. Edit. Galaxia. Vigo, 1998.
O libro é o resultado das achegas de tres estudosos que, desde as ópticas máis acordes coas súas traxectorias de traballo, se aproximan ao mundo da poesía galega da Idade Media. Henrique Monteagudo asina un estudo de carácter introdutorio sobre o marco histórico e literario no que se desenvolve a lírica trobadoresca. Luz Pozo Garza leva a cabo unha detallada análise das cantigas e Xesús Alonso Montero explora a historia bibliográfica e crítica da poesía galego-portuguesa, dende a súa descuberta e primeiras edicións ata a súa presenza constante no devir da lírica galaga do século XX.



[1-9]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal