logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Alfaya, An; Ferrín, Chus

www.paquebote.com > Alfaya, An; Ferrín, Chus

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-9782-059-2

Buguina namorada

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 12 x 22,50 cm.
Precio: 9,44
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

An Alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por Chus Ferrín, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa do Esquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano Ausente. A metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e a outra albiscaba a liña do horizonte, ao lonxe coma unha raíña sentada nun trono privilexiado. Unha madrugada desatouse unha batalla entolecida, provocada polo tornado Augavento, entre un navío e as ondas. Tras o naufraxio, Buguina agardaba a presencia dalgún supervivente, botaba en falta a presencia de alguén que a arrincase da area, permitindo que a parte inferior da súa cuncha recibise o bico do sol, agardaba a alguén que arrimase os seus beizos á porta aberta do seu corpo de nácara e soprase polo seu funil convertido en bucina, e servise de alerta aos navegantes que cruzan a inmensidade do océano Ausente.Buguina namorada é un fermoso texto narrativo, enchido de referencias a mitoloxía clásica do mar, onde An Alfaya aborda o encontro entre unha buguina e un náufrago: dúas soidades na illa do Esquecemento das que, despois de pelexar pola vida, agroma a estrela da esperanza. Unha narración mitolóxica dirixida a públicos de todas as idades.


ISBN:

8483029650

A encontadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Rústica, 13,50 x 19 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cabilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?.A encontadora de An Alfaya aborda un tema pouco tratado na literatura infantil galega, unha historia de amor entre persoas maiosres, onde asoman uns personaxes que recenden a nube de azucre de feira, ateigada de sentimentos tenros, alleos ás barreiras de idade.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal