logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: Alberto Canal

www.paquebote.com > Alberto Canal

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-050-4

O amor nos escuros días de Birkenau

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de Auschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeus para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Mais sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en Birkenau?


ISBN:

9788491213024

O trapecista da malla de rombos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 14,00 x 21,50
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta.Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, "O trapecista da malla de rombos" rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.



• Alberto Canal (Autor/a). Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Durante unha década exerceu de xornalista na prensa escrita, para pasar logo ao eido da comunicación empresarial na empresa Caldaria. En 2008 publicou a súa primeira novela, "Conexión Tubinga", unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. A seguir publicou "O amor nos escuros días de Birkenau" (Xerais 2016), finalista tamén do Premio Xerais, e "O trapecista da malla de rombos" (Xerais 2018).
• IBIC: FICCIÓN Y TEMAS AFINES>FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA;

• EDICIÓN LITERARIA>MILMANDA.


ISBN:

978-84-9782-903-8

Conexión Tubinga

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica cosido a fío 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal