logo paquebote
5 libros encontrados buscando autor: ANDREA MACEIRAS LAFUENTE

www.paquebote.com > ANDREA MACEIRAS LAFUENTE

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499950488

(G).26.SEGREDO DO LAGARTO ARNAL, O.(MEIGA MOIRA)

Editorial: Baía   Fecha de publicación:   
Precio: 14,35
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9142-360-7

Lo que sé del silencio

Editorial: Algar   Año:    Páginas: 216
Precio: 10,19
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-463-4

Nubes de evolución

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Sempre vai frío na estación de autobuses.
Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».


ISBN:

978-84-9914-943-1

Europa Express

Editorial: Xerais    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.
Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento.
Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.

• Andrea Maceiras Lafuente (Autor/a). Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre nas modalidades de narrativa e poesía, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos ‘Os Viaductos’ do Concello de Redondela polo seu relato “Cando foi a última vez que pasou fame de verdade?”. A súa primeira novela xuvenil, “Proxecto Bolboreta”, é publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. No 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia. Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra “Violeta Tamurana” (2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con “Nubes de evolución” (Xerais, 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014. Con “Volverás, golfiño” (Xerais, 2014) quedou finalista do Premio Merlín, 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015).
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos de aventuras (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos románticos y de relaciones interpersonales (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 14 años;


ISBN:

978-84-9914-579-2

Volverás, golfiño

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal