logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Ínsua López, Emilio Xosé

www.paquebote.com > Ínsua López, Emilio Xosé

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-304-8

Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 656
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala.Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.



• Xurxo Martínez González (Autor/a). Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. É autor dos libros "Fuco Gómez" (AGER, 2007) e "Luís Soto. A xeira pola unidade galega" (Xerais, 2011), así como de varios traballos sobre Ramón Villar Ponte. En colaboración con Emilio Xosé Ínsua escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018). Colabora acotío coa prensa ("Praza Pública" ou "Faro de Vigo") e recibiu varios premios literarios de poesía e relato. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela., Emilio Xosé Ínsua López (Autor/a). Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967). Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Fai parte da redacción de "Aulas Libres" (STEG), "Ardentía" (FGCMF) e "Revista Galega de Educación" (Nova Escola Galega). Mantén na rede o blog «A ínsua do Ínsua» e escribe acotío no "Heraldo de Vivero". Editou libros de texto e obra inédita de Prados Ledesma e García Dóriga, así como pezas de Antón Villar Ponte. Participou en Letras de Cal e publicou "Devalar das esperas" (1995) e "Acontece ás veces a ternura" (2005). Obtivo os premios de investigación Irmandiños (1996), Ramón Piñeiro (2004) e Ánxel Fole (2002 e 2009). Escribiu en colaboración con C. Nuevo os volumes "O primeiro Antón Villar Ponte" (2003) e "Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal" (2010). É autor tamén de "Sobre «O Mariscal» de Cabanillas e Villar Ponte" (2005); "Antón Villar Ponte e a Academia Galega" (2006); "Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo)" (2010), e "A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)" (2016). En colaboración con Xurxo Martínez González escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018).
• IBIC: BIOGRAFÍA E HISTORIAS REALES>BIOGRAFÍA: GENERAL>Biografía: histórica, política y militar;IBIC: BIOGRAFÍA E HISTORIAS REALES>BIOGRAFÍA: GENERAL>Biografía: literaria;Id.Geográfico: EUROPA>Europa del Sur>España>Galicia, Comunidad Autónoma de;Idioma: Lenguas indoeuropeas>Lenguas románicas, itálicas y retorrománicas>Gallego (galego);

• EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Biografía.




[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2022 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal