logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Ígor Fiódorovich Stravinski

www.paquebote.com > Todos los libros > POÉTICA MUSICAL «En forma de de seis leccións»

ISBN:

9788418567148

POÉTICA MUSICAL «En forma de de seis leccións»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: 23 x 13 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta

Presentamos, traducidas por vez primeira ao galego e directamente desde os textos orixinais, as célebres conferencias pronunciadas por Ígor Stravinski na Universidade de Harvard no curso 1939-40. Cando se cumpren 50 anos do seu pasamento (Oranienbaum, 1882- Nova York, 1971), un dos músicos máis relevantes do século XX é estudado a fondo e traducido polo tamén músico, investigador e doutor en Comunicación Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983). O resultado é esta vibrante e inspiradísima Poética musical en forma de seis leccións. Estas conferencias foran publicadas inicialmente en 1942 en lingua francesa, e deron lugar a varias edicións posteriores, empregadas por Javier Ares Yebra para esta versión galega, na que tamén acudiu, entre outros, aos manuscritos do propio Stravinski, redactados en francés con pasaxes en ruso, o que engade un valor especial a esta tradución. Así mesmo, este volume inclúe un revelador estudo introdutorio que explora a relación do compositor ruso coa cultura galega. En concreto, a súa amizade co lucense Xesús Bal y Gay e a súa influencia no betanceiro Carlos López García-Picos. No pensamento estético de Stravinksi destaca a noción da arte como o contrario do caos. A Poética musical é un texto enormemente sedutor, unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un gozo de lectura.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal