logo paquebote
3153 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103350

A fotógrafa Perpetua

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 21,5 x 26,4 cm.
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Perpetua sempre o tivo claro: ela ía ser fotógrafa, o mellor oficio do universo! As fotos que fai contan historias, explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás. Ser fotógrafa é marabilloso. Este libro, que tamén é un álbum de fotos, conta a vida de Perpetua, pero tamén algo máis: en todas as súas imaxes hai un segredo agochado.


ISBN:

9788411103640

Unha saca de patacas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos.
Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.


ISBN:

9788411103633

O libro e o tapiz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar.
Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña.
Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febra consistente da identidade histórica galega.


ISBN:

9788411103237

Da calzada ao casco vello de Vigo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 21 x 16 cm.
Precio: 21,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos. Para coñecer ese pasado e as súas pegadas no presente, este libro ofrece tres rutas históricas e arquitectónicas que van dende A Calzada, nos límites con Teis, ata a Porta do Sol e a rúa Carral. O paseante poderá percorrer, acompañado polo libro, os eixos de García Barbón-Policarpo Sanz e Rosalía de Castro-Marqués de Valladares, así como a antiga beiramar que marca o Areal e os primeiros recheos.


ISBN:

9788411103589

Alguén nos lembrará «Antoloxía de relatos LGBTIQA+»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa.O que tes entre as mans é unha antoloxía con quince perspectivas novas e diferentes arredor da disidencia de sexo e xénero. Quince voces de ata 30 anos que escriben co convencemento de que, como dixo Safo, "Alguén nos lembrará".


ISBN:

9788411103244

A pioneira

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir para A Coruña de hai cen anos. Loitar contra todo e contra todos para facer realidade os seus soños é a súa razón de ser. Pero a Guerra Civil e a represión do fascismo poden ser un muro demasiado duro que superar. Ou non. Porque a "roja acérrima" que vían as autoridades convértese nunha pioneira e un exemplo para as mulleres de alto risco. Empacadoras, atadoras, pescantinas e proletarias da industria pesqueira que se botaron ás rúas para opoñerse ao novo Réxime do 18 de xullo. Un camiño de sororidade tecido a través dunha rede de protección fronte aos bechos, o frío, a fame e os inimigos da liberdade. E co balón nas cabeza, nos pés e nas mans da gardamallas.


ISBN:

9788411103060

A pintura debida

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "A pintura debida", un libro de relatos enfiados entre si, onde a miseria, a violencia ou a inxenuidade infantil focalizan a trama de cada narración. A través de diferentes perspectivas, desde os ollos dun cativo en tempos de posguerra ata os dunha libreira na actualidade, o autor consegue debullar a crueza do cotián e cédelle o pincel da piedade a uns personaxes que se enfrontan a cadanseu lenzo en branco.


ISBN:

9788411103336

Ánxela e Spencer

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna... As preguntas aumentan cando Ánxela atopa, no galiñeiro da súa casa, un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero... Quen é? De onde vén?, e sobre todo..., como se pode ser tan bonitiño?
Unha emocionantísima viaxe repleta de humor e trepidantes aventuras.


ISBN:

9788411103367

Enderezo descoñecido

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

"Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo "The New York Times Book Review" como "a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma".





Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal