logo paquebote
2564 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-395-6

Conversas con Paco del Riego

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo. Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito días mantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que «igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective», en palabras de Manuel Rivas. Estamos ante un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.


ISBN:

978-84-9121-378-9

O ladrón de soños

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado, 16,20 x 25,00 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?


ISBN:

978-84-9121-371-0

Introdución ás relatividades de Einstein

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 13,89
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación. No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral. Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da ‘vaca esférica’), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).


ISBN:

978-84-9121-330-7

Fariña

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 328
Formato: Rústica
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo «kitsch» de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político de Galicia. «Fariña» inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.


ISBN:

9788491213642

Textos 2 Educación Primaria. Proxecto Comprendetextos (2018)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 21 x 29,7 cm.
Precio: 18,62
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística


ISBN:

9788491213604

Lingua 2 Educación Primaria. Proxecto Tecelingua (2018)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 21 x 29,7 cm.
Precio: 22,66
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística


ISBN:

978-84-16721-19-1

Inventario ilustrado de dinosaurios

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 30 x 21,5 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha pequena historia da vida na Terra, dende as súas orixes hai 4300 millóns de anos, é o punto de partida do “Inventario ilustrado de dinosauros”, que reúne 47 especies agrupadas en períodos xeolóxicos: dende o Triásico, con exemplares como o Mussaurus patagonicus; seguindo polo Xurásico coa presenza do Diplodocus carnegii; ata o Cretáceo, cando habitou o Tyrannosaurus rex.


ISBN:

978-84-8464-382-1

Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 23,5 x 27,5 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

?Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés? é un tenro álbum ilustrado para pre-lectores e primeiros lectores que, a partir dun sinxelo texto rimado, estrutura repetitiva e fórmula acumulativa, amosa varios bebés nacidos en distintos lugares do mundo, destacando o que teñen en común: dez dedos e dez dedas. O ton rítmico do texto favorece a lectura en voz alta e a participación dos destinatarios.


ISBN:

978-84-8464-381-4

Lúa

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 16
Formato: 24 x 24 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A colección Do berce á lúa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo que designa unha modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar o oído? dos pequenos lectores, en palabras do poeta Antonio Rubio. Esta nova edición de gran formato que mide 24x24 cm. -?Lúa? é o primeiro título dispoñible- é ideal para o seu manexo por parte de mediadores e docentes, mentres que a edición convencional de 16x16 cm. está dirixida ao público infantil.


ISBN:

978-84-16721-17-7

O curioso mundo de Calpurnia Tate

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 352
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calpurnia quería pasar o ano 1900 ampliando os seus coñecementos sobre a natureza, pero un devastador furacán altera os seus plans. Canda o seu irmán Travis, a rapaza coñece un veterinario e este acepta que a acompañe nas súas visitas. Cando Calpurnia anuncia na casa que de maior quere ser veterinaria, recibirá por resposta un rotundo “non”. Mais acabarán cambiando de parecer cando a moza logra salvar a vida dunha ovella moi prezada na súa familia por ter gañado varios premios.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal