logo paquebote
2594 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-469-4

Se isto é un home

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo. Sometidos á terrible dor da fame, da sede, do frío, da violencia, do medo e da falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendidas e no que resultaba practicamente imposible sobrevivir. Primo Levi, xudeo-italiano, resistente antifascista e químico de profesión, logrouno.
Publicado en 1947 en Turín, este libro pasou desapercibido ata 1959, cando foi traducido ao inglés. Desde aquela converteuse nun referente ineludible da literatura do século XX.


ISBN:

978-84-9121-468-7

Unha nación no mundo «A razón resistente (1480-2010)»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 720
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 29,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.


ISBN:

978-84-9121-467-0

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 344
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 24,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada. Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña.
Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.


ISBN:

978-84-9121-466-3

Dentro da literatura

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica cosido a fío, 12,00 x 18,00
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria,
que Suso de Toro quixo compartir. En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso da súa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que un olla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que a tarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou, simplemente, contar o vivido e o aprendido».


ISBN:

978-84-9121-458-8

Relatos para televisión

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha curtametraxe
-acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta. O conxunto semella inclasificable: a área de descanso da autovía Madrid-Vigo convertida en zona cero dunha invasión alieníxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlántico que mudará en épica a distopía. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéticos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben podería ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a partir dunha app, afirmou o autor nunha entrevista. Diversas idades no espazo urbano que abala de Ferrol á Coruña enmarcan, ademais, certa alegoría política desde a ollada xuvenil e marxinal, un sórdido matrimonio que prepara o advento do Anticristo ou ese banquete familiar de clase alta que oculta un terrible segredo.


ISBN:

978-84-9121-462-5

Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, que percorremos nestas páxinas, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo e a teimosía se impoñen ás adversidades; de como a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas.


ISBN:

978-84-9121-461-8

Memoria do silencio

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).


ISBN:

978-84-9121-460-1

Singamia 1.1

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non hai segredos para elas. Invadiron as familias, a saúde, a reprodución, as relacións persoais, toda a intimidade. Mesmo os soños. Adiantan as nosas necesidades e decisións, coñecen todo de nós... Mais, que sabemos nós delas? Singamia 1.1 (Queridas máquinas) culmina a triloxía AKTUAL de Ramón Caride coa vertixe dun futuro presente. Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos.


ISBN:

978-84-16721-29-0

Corredoira

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Corredoira: o camiño oco. Un carreiro fondo, un vieiro avesedo e profundo. Unha ruta que arregaron na terra séculos de pegadas, de pisadas; de fendas, de ferraduras; o carroulear das rodas e o correr da chuvia. Unha vía desgastada «polo tráfico dos tempos e a roedura da auga, que nalgúns lugares se afundiu ao redor de cinco metros baixo o nivel dos campos»... En xullo de 2004, Robert Macfarlane e Roger Deakin emprenderon unha viaxe para explorar os camiños de Dorset, unha zona ao sur do Reino Unido coñecida pola súa Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade polos seus xacementos arqueolóxicos. No percorrido atoparon unha paisaxe de sombras, espectros e grande estrañeza. Deakin faleceu en 2006 e sete anos despois daquela experiencia conxunta, Macfarlane voltou aos mesmos escenarios co escritor Dan Richards e co artista Stanley Donwood. Este libro ilustrado relata a ruta, a paisaxe e os lugares visitados, combinando literatura de viaxes, historia social e psicoxeografía.


ISBN:

978-84-9121-473-1

As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 512
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) achegan en As mulleres como axentes literarias na LIX do século XXI diferentes reflexións sobre o papel das mulleres na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste volume estudose comentarios que serven para observar o papel imprescindible de autoras, ilustradoras, investigadoras, tradutoras ou editoras na LIX de diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano.



• Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador). Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/, Mª Isabel Soto López (Coordinador). Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de "Golfiño" e GÁLIX, colaborou na "Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega" (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes "O rastro que deixamos" (Xerais, 2012) e "Un mundo de palabras" (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro" (Xerais 2018)., Marta Neira Rodríguez (Coordinador). , Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a). "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI)
• IBIC: LITERATURA Y ESTUDIOS LITERARIOS>LITERATURA: HISTORIA Y CRÍTICA>Estudios de literatura infantil y juvenil;Id.Geográfico: EUROPA>Europa del Sur>España>Galicia, Comunidad Autónoma de;Idioma: Lenguas indoeuropeas>Lenguas románicas, itálicas y retorrománicas>Gallego (galego);

• DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS>MATERIAIS.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal