logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788497822633

www.paquebote.com > En gallego > Estatuto xurídico da lingua galega

ISBN:

84-9782-263-3

Estatuto xurídico da lingua galega

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 256
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 21,80
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

¿Cales son os dereitos lingüísticos? ¿Como están regulados? ¿Como podemos defendelos? ¿En qué lingua fala o Dereito? “Estatuto xurídico da lingua”, libro do que son autores un equipo de profesores das facultades de Dereito das Universidades de Santiago e Vigo, quere ofrecer ao lector unha visión ampla dos dereitos lingüísticos que teñen os cidadáns tanto nas súas relacións cos poderes públicos como nas relacións privadas. Para iso realízase un estudo dos textos constitucional e estatutario, pero tamén de todas as normas que garanten o uso do galego nos máis diversos ámbitos (procedementos administrativos, función pública, ensino, toponimia, actividades mercantís, rexistros, xustiza...). A novidosa perspectiva que se achega co tratamento dos dereitos lingüísticos no ámbito público e privado permite apreciar con claridade a distinta gradación dos dereitos e deberes lingüísticos en función da posición que ocupan os suxeitos. (*CR*)“Estatuto xurídico da lingua galega” debulla a pluralidade de normas que regulan o dereito do uso do galego, mostrando tamén os avances que se poden producir a través de exemplos comparados (Cataluña, País Basco…) que deron resultados positivos para a consolidación do proceso normalizador. Os autores tamén realizan unha lectura crítica en torno á aplicación e interpretación que fai a Xustiza destas normas, ilustrando a evolución da xurisprudencia nesta materia. (*CR*)



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal