logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788497820592

www.paquebote.com > En gallego > Buguina namorada

ISBN:

84-9782-059-2

Buguina namorada

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 12 x 22,50 cm.
Precio: 9,44
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

An Alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por Chus Ferrín, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa do Esquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano Ausente. A metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e a outra albiscaba a liña do horizonte, ao lonxe coma unha raíña sentada nun trono privilexiado. Unha madrugada desatouse unha batalla entolecida, provocada polo tornado Augavento, entre un navío e as ondas. Tras o naufraxio, Buguina agardaba a presencia dalgún supervivente, botaba en falta a presencia de alguén que a arrincase da area, permitindo que a parte inferior da súa cuncha recibise o bico do sol, agardaba a alguén que arrimase os seus beizos á porta aberta do seu corpo de nácara e soprase polo seu funil convertido en bucina, e servise de alerta aos navegantes que cruzan a inmensidade do océano Ausente.Buguina namorada é un fermoso texto narrativo, enchido de referencias a mitoloxía clásica do mar, onde An Alfaya aborda o encontro entre unha buguina e un náufrago: dúas soidades na illa do Esquecemento das que, despois de pelexar pola vida, agroma a estrela da esperanza. Unha narración mitolóxica dirixida a públicos de todas as idades.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal