ISBN:
Formato: Cartoné
978-84-9121-823-4
Manual de uso da lingua galega
Benxamín Dosil
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 11/03/2021 Páginas: 200Formato: Cartoné
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Este «Manual de uso da lingua galega», dirixido a todas as persoas que queiran mellorar o seu nivel de galego escrito, é unha ferramenta lingüística de enorme utilidade. Clara, sinxela e concisa, conta cun gran número de nocións normativas para despexar dúbidas, consolidar coñecementos e orientar no correcto emprego da lingua. O libro divídese en catro partes principais: ortografía convencional, aspectos léxicos, cuestións gramaticais e estilo. Os contidos preséntanse estruturados e tratados de forma visual e práctica, con exemplos que axudan a comprender os conceptos e cun índice exhaustivo que facilita a consulta.