logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788491214922

www.paquebote.com > En gallego > Elisa e Marcela «Amigas e amantes»

ISBN:

978-84-9121-492-2

Elisa e Marcela «Amigas e amantes»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 312
Formato: Cartoné, 14,5 x 21 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina.
Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal