logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788416721504

www.paquebote.com > En gallego > Vitamina N

ISBN:

9788416721504

Vitamina N

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista? Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal