9788411101516
Visións de Darwin «Vida e pensamento do fundador da teoría da evolución»
Daniel Soutullo
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 13/10/2022 Páginas: 168Formato: 20 x 13 cm.
Charles Darwin é, por dereito propio, unha das grandes figuras da historia da ciencia. A súa teoría da evolución por selección natural significou un cambio fundamental no mundo da bioloxía e noutros campos das ciencias sociais. Coñecemos moi ben a vida e obra de Darwin grazas aos seus libros e á súa correspondencia. Con todo, fóra do mundo da bioloxía, a súa obra non é tan ben coñecida e a súa teoría malinterpretada en non poucas ocasións.
«Visións de Darwin» é unha recompilación de ensaios que debuxan a súa personalidade desde os puntos de vista biográfico, científico e social. Os ensaios teñen un carácter divulgativo e tamén permiten un achegamento crítico á súa vida e obra.