logo paquebote
7 libros encontrados buscando autor: Xosé Ramón Pena Sánchez

www.paquebote.com > Xosé Ramón Pena Sánchez

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-107-5

Historia da Literatura Galega III «De 1916 a 1936»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 520
Formato: Rústica
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)–, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 –data da fundación das Irmandades da Fala– e xullo de 1936 –momento en que deu inicio a Guerra Civil española–. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso –a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro– non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante –en interacción continua– da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.


ISBN:

978-84-15992-15-8

La batalla del paraíso triste

Editorial: PULP BOOKS   Año:    Páginas: 248
Formato: Rústica
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-15992-09-7

Como en Argelia

Editorial: PULP BOOKS   Año:    Páginas: 212
Formato: Rústica
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-764-2

Historia da Literatura Galega II «De 1853 a 1916. O Rexurdimento»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 440
Formato: Rústica
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan.
Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece –e resulta fornecida– de consistencia e sentido. Desde a publicación d’A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.


ISBN:

978-84-9914-551-8

Historia da Literatura Galega I «Das orixes a 1853»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 440
Formato: Rústica
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora.
Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d’A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.


ISBN:

978-84-9914-435-1

Como en Alxeria

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A comezos da década dos 60 do século XX –unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron– o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 –e contando co patrocinio da CIA– ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois; Fidel Castro, Ben Bella… nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta– é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Ánxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical –«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo–. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo.


ISBN:

978-84-9782-922-9

A batalla do paraíso triste

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: Rústica cosido a fío 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d’ O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas –antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal