logo paquebote
17 libros encontrados buscando autor: Xosé Ramón Pena

www.paquebote.com > Xosé Ramón Pena

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788482887760

Fado de princesa

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 228
Formato: Rústica
Precio: 17,39
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A historia dunha muller contada por si mesma, unha velente incursión narrativa. Crónica íntima que que abeira as marxes dunha desolación: o que determinada sociedade esixe das mulleres, e a loita delas, decote calada e sufrinte, por fuxir da imposición dun rol. Unha novela directa, contada sen complexos nin compracencias, velaquí a historia desta Madame Bovary de fins do século XX.


ISBN:

8483021757

A era de acuario

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Precio: 13,35
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-.


ISBN:

978-84-9151-831-0

En tempo de desconto

Editorial: GALAXIA   Año:   
Formato: Rústica
Precio: 20,90
Añadir a la cesta


ISBN:

9788411100601

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 440
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 21,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As Letras Galegas 2021, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.


ISBN:

9788491217053

Todas as vidas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 384
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor.
Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.


ISBN:

978-84-9121-107-5

Historia da Literatura Galega III «De 1916 a 1936»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 520
Formato: Rústica
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)–, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 –data da fundación das Irmandades da Fala– e xullo de 1936 –momento en que deu inicio a Guerra Civil española–. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso –a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro– non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante –en interacción continua– da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.


ISBN:

978-84-9121-481-6

Historia da Literatura Galega IV «De 1936 a 1975. A "longa noite"»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 544
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 28,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso.
Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.


ISBN:

978-84-9121-290-4

Martín Codax e os xograres do mar de Vigo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares –velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…– que forman parte do noso devir cotián. Redactado con rigor e amenidade, " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo " artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.


ISBN:

978-84-15992-09-7

Como en Argelia

Editorial: PULP BOOKS   Año:    Páginas: 212
Formato: Rústica
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-15992-15-8

La batalla del paraíso triste

Editorial: PULP BOOKS   Año:    Páginas: 248
Formato: Rústica
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



[1-10]  [11-17]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal