logo paquebote
7 libros encontrados buscando autor: Red Temática de Investigación \" LIJMI \"

www.paquebote.com > Red Temática de Investigación \" LIJMI \"

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491212911

Representacións do mundo árabe na LIX

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 480
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións sobre a representación do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste " Representacións do mundo árabe na LIX " estudos e comentarios que serven para observar con outros ollos o “Outro” con quen non sempre se empatiza, en moitas ocasións, por descoñecemento.


ISBN:

9788491211235

Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 480
Formato: Rústica
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións centradas no tema Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, coa intención de que os profesionais da mediación entre o libro e a lectura atopen nestas páxinas un conxunto de orientacións que os axuden no seu traballo de formación literaria e á hora de elaborar seleccións temáticas.
Os diferentes ensaios abordan un corpus de obras de literatura infantil e xuvenil centradas en ambas as guerras mundiais que ofrecen un amplo abano de espazos, personaxes e situacións causadas polos conflitos. Nestes textos reitéranse, entre outros, trazos como a absurdeza de calquera guerra, as repercusións do nazismo ou actitudes de valentía e resistencia.


ISBN:

9788499149462

Retorno aos clásicos «Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 584
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así consideradas, tanto da Literatura Infantil e Xuvenil universal coma das respectivas literaturas que conforman esta rede de investigación. As relacións de obras incluídas son o resultado da aplicación de criterios comúns, entre eles, a calidade literaria e a permanencia e repercusión na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil, ademais do propósito de delimitar un posíbel canon de obras de LIX nos diferentes ámbitos que se contemplan.

• Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador). Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/, M.ª Isabel Soto López (Coordinador). , Marta Neira Rodríguez (Coordinador). , Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a). “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI)


ISBN:

9788499147239

Inmigración/Emigración na LIX

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 464
Formato: Rústica
Precio: 23,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores, reúnen neste volume unha completa serie de traballos baixo o título Inmigración/Emigración na LIX.
O volume recolle diferentes achegamentos a un corpus de obras centradas nos fluxos migratorios que sen dúbida suscitan a reflexión, pois acollen as experiencias e identidades das persoas inmigrantes ao tempo que inciden nunha visión da literatura como vehículo de comprensión da sociedade multicultural que nos toca vivir e lles ofrecen aos máis novos a oportunidade de interactuar con novas maneiras de ver e construír o mundo.


ISBN:

9788499145280

Premios Literarios e de ilustración na LIX

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: Rústica
Precio: 23,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título Premios literarios e de ilustración na LIX. Partindo dunha análise introdutoria sobre o fenómeno e a importancia actual dos premios literarios á luz das liñas teóricas de inspiración sistémico-sociolóxica xurdidas no século XX, ofrécense dúas achegas aos premios internacionais e nacionais máis representativos da LIX para valorar a súa incidencia nos procesos de lexitimación dentro do sistema literario. O volume contén ademais un conxunto de panorámicas nas que se abordan os principais premios literarios e de ilustración no ámbito ibérico e iberoamericano.


ISBN:

9788499141534

Reescrituras do conto popular (2000-2009)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 248
Formato: Rústica cosido a fío, 17 x 24 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).
A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis salientábeis que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e tamén no ámbito iberoamericano. O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema.
Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de comprensión que ofrece esta lingua non románica, así como os apartados xerais do libro.


ISBN:

9788499140261

A poesía infantil no Século XXI (2000-2008)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 432
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico e Iberomareicano (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente a todos aqueles que desenvolven labores de mediación, centrados na Poesía infantil e xuvenil no século XXI (2000-2008).
Tras dunha introdución teórica na que se repasan a historia e as características que adoitan identificar o xénero, incídese no valor da poesía á hora de educar a sensibilidade, desenvolver a creatividade e fomentar o espírito crítico desde as primeiras idades e deféndese a súa presenza nas aulas mediante unha boa selección de textos que acolla tanto os escritos expresamente para a infancia e a mocidade como aqueloutros cun destinatario universal. A seguir inclúense enfoques panorámicos que abordan o xénero no período estudado nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca, co engadido de tres achegas que estudan a poesía no ámbito literario alemán, brasileiro e inglés.
O volume inclúe ademais unha selección de poemarios, trece dos cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal