logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Lionel Rexes

www.paquebote.com > Lionel Rexes

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101547

A montaña do poeta

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida.
No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.


ISBN:

978-84-9121-268-3

A raíña das velutinas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de " A raíña das velutinas " “o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal”.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal