978-84-236-7554-8
GALLINA DE LA PAZ (EDB)
GLORIA SANCHEZ
Editorial: Grupo EDEBÉ Fecha de publicación: 28/11/2012 Páginas: 160Formato: 19,5 x 13 cm.
www.paquebote.com > GLORIA SANCHEZ
INFANTILES.
Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei. Todo o país era unha auténtica inmundicia, del emanaba un cheiro tan fedorento que ata os paxaros que pasaban voando por riba do reino caían ao chan privados do sentido. Un día a raíña, Morriña da Corticela, tivo un corricho, ao que chamaron Quino. O príncipe a medida que ía medrando amosaba unha conduta inusual e contraria ás normas. algo non ía ben.
¡Ánimo! Van actuar para vós. Imaxinade que se abre o pano e vedes o escenario: ¡Que bulicio! ¡Vaia xuntanza de animais curiosos! Un gato-tendeiro algo lerias, un porco orgulloso, un galo coqueto..., ¿como a pequena ratiña presumida atopará un noivo xeitoso entre eses elementos? Ou logo isto: un raposo moi listo que organiza unha festa, para probar quén cae na trampa que preparou o moi malón... ¡Adiante! ¡A divertirse!
A muller que criaba paxaros na cabeza, o vampiro que tiña un dente de allo, o home que perdeu a cabeza e contratou un detective; un abrigo saltariqueiro, uns pés gaiteiros, un nariz superloooooooogo… Son algunhas das pequenas historias que se agachan nest
Récollese neste libro un conxunto de poemas que unen a intencionalidade lúdica a unha perspectiva didáctica. Son poemas imaxinativos e divertidos, dos que pode gozar calquera neno ou nena sexa cal for a súa idade, pero que están pensados sobre todo para os primeiros lectores.
Así no libro faise un percorrido polo alfabeto galego, dedicándolle un poema a cada unha das letras. Tómase sempre como punto de partida unha ou varias palabras, sempre moi suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letra concreta: aro, billa, caracol, chepa, dente, embigo, fraco, gordo, imperdible, lora, parella, mar, núa, niño, ovo, paraugas, queixeiro, rato, serpe, temón, uña, vaca, xuntos, zángano.
E así a autora vai construíndo os poemas, empregando a un tempo os recursos expresivos da literatura popular de tradición oral e os da poesía infantil máis actual.
Cada un dos poemas acompáñase dunha moi expresiva ilustración, da autoría de Mª Fe Quesada, que nos ofrece sempre unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos, ademais de xogar coa forma da letra correspondente, procurando sempre unha identificación cun determinado concepto presente no poema.
INFANTIL JUVENIL CASTELLANO
INFANTIL JUVENIL GALLEGO