logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: FERNANDO PEREIRA BUENO

www.paquebote.com > FERNANDO PEREIRA BUENO

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-11-10501-9

A viaxe de meu pai «Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 488
Formato: Rústica
Precio: 22,95
Añadir a la cesta

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención.
Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas...
Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.


ISBN:

978-84-9914-565-5

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente.
A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo…), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos.
Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos.
Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal