logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: Docampo, Xabier P.; Cobas, Xosé

www.paquebote.com > Docampo, Xabier P.; Cobas, Xosé

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

8497822676

A nena de auga e o príncipe de lume

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 7,65
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A nena de auga e o príncipe de lume
Unha vez era un río no que vivía unha nena de auga e un día pasou por alí un príncipe de lume. O seu amor era imposible, ó seren de auga e lume.
"Mando a distancia"
Aleixandre descobre que o mando a distancia do seu televisor ten poderes extraordinarios.
Lévao á escola e deixa parado ó abusón da escola, cambia a clase de matemáticas pola de debuxo, báixalle-la voz ós profesores...
"Mouriño"
Mouriño é un verme. Os ourizos queren acabar con el e procuran a axuda dunha pega. Mouriño acóchase nunha tea de fíos de prata e, pasados varios días, sairá convertido en algo distinto.
"O cabalo de cartón"
Un neno quería ter un cabalo e, como os seus país non llo podían mercar, debuxouno nunha caixa de cartón e o cabalo fíxose realidade. O cabalo levouno a un lugar onde todo era de papel.
"O boneco con cara de neno negro"
A Xildo gústalle facer bonequiños co papel do xornal. Un día viu un retrato dun neno negro, retallouno e o boneco faloulle, e, dende aquela, son os mellores amigos do mundo.


ISBN:

8483028840

A casa da luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 9,94
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros.
A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.


ISBN:

978-84-9782-916-8

O libro das viaxes imaxinarias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Cartonado 19,5 x 29 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos.
“Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.” “Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal