logo paquebote
5 libros encontrados buscando autor: Chévere

www.paquebote.com > Chévere

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788413431796

Chévere 1987-2022 trinta e cinco anos de axitación cultural. Isto non pode ser obra de galegos!

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 330
Formato: 22 x 22 cm.
Precio: 39,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos de estrañas circunstancias, traballando arreo e reencontrándose co público para ofrecerlle de novo algunhas das súas creacións máis senlleiras. Como parte desta celebración sae do prelo un volume no que os lectores e lectoras, poderán afondar na historia da compañía dende os comezos, na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos logo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa, o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade. Narrado en primeira persoa nun formato dialogado e profusamente ilustrado, esta obra achéganos da man dos seus integrantes o proceso de creación das producións máis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka na Biblioteca de Teatro.


ISBN:

978-84-8464-456-9

Citizen

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 22,5 x 16 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario? Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global. Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación do fracaso colectivo como país? [Fragmento do limiar de Xesús Ron: ?A extrema sinxeleza do teatro?] ?Citizen? é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, ?Citizen? é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.


ISBN:

978-84-8464-373-9

Eroski Paraíso

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: 22,5 x 12 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

?Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria ?. [Fragmento do limiar de Xesús Ron: ?O estado de benestar desde o lado da sombra?] ?Eroski Paraíso? é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.


ISBN:

9788484643210

Annus Horríbilis

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 22,5 x 16 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

“Annus Horríbilis”, que se estreou en 1994, é unha pequena ópera portátil integramente cantada en galego. Unha picadora escénica que esmiúza os estereotipos do xénero lírico e reinventa
unha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable.
As tribulacións da familia real británica son trasladadas a Galicia para escenificar intrigas cortesás, romances ilexítimos e loitas entre dúas liñas dinásticas enfrontadas: os Tamara vs. os Cunters.
Dende o bel canto ou swing, ata a zarzuela ou o music-hall, pasando polo xénero da revista e o jazz, o romanticismo e o heavy metal, este espectáculo fai un amplo e variado percorrido polos estilos musicais máis populares dos últimos séculos.


ISBN:

9788484643203

Río Bravo

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 22,5 x 16 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase
“Río Bravo”, onde os homes son homes e as mulleres tamén.
Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western»
e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero
tan icónico como os filmes de vaqueiros.
Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde
non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz,
o telegrafista… Estreado en Santiago en 1990, “Río Bravo”
é un claro exemplo de que o teatro de Chévere “está feito para ser escoitado e visto ao vivo”, explica a compañía. A presente edición, que marca o inicio da Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA,
baséase nunha versión posterior do espectáculo, do ano 2002.



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal