Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
•
• Anxo Fariña (Autor/a). Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros “A chave da Atlántida” (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie “Os Megatoxos”, “Horizonte de sucesos” (2016), "4 xinetes" (2017) e a serie "Gliz" (2017) para primeiros lectores. Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/, Anxo Fariña (Ilustrador/a). Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros “A chave da Atlántida” (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie “Os Megatoxos”, “Horizonte de sucesos” (2016), "4 xinetes" (2017) e a serie "Gliz" (2017) para primeiros lectores. Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos de aventuras (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 11 años;
• INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>Megatoxos.