logo paquebote
5 libros encontrados buscando autor: Antón Cortizas Amado

www.paquebote.com > Antón Cortizas Amado

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499140780

Ao pé da Laxa da Moa «Literatura de tradición oral de Carnota»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 352
Formato: Cartoné, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,85
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. É abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, que dá mostra do que esta terra vale e do que podería valer todo o noso país de querérmonos un pouco máis como colectividade e de sabermos que pese ao imperio do castelán sobre a nosa lingua, pese ao poderío do número sobre a letra, pese ao andazo da falsa globalización e da uniformidade, pese a todo isto é que a Humanidade está feita de países pequenos coma o noso, está feita de recunchos que por seren pequenos son inmensos, porque están cheos de vontades e de mentes creativas e fantásticas; porque, seguindo as leis naturais, medran e se desenvolven, e rin e choran, e aman e morren na diversidade, na diferenza.


ISBN:

9788497827027

A merla de trapo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica
Precio: 11,35
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños," volvese cantar, retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo," a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo, mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes," pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.


ISBN:

9788476607992

El llapis de Rosalia

Editorial: Bromera   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica
Precio: 8,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788476602737

Geganet, ¿on estàs?

Editorial: Bromera   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

9788476602492

La bruixa sense curruixa

Editorial: Bromera   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 8,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2017 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal