logo paquebote
4 libros encontrados buscando autor: Álex Alonso

www.paquebote.com > Álex Alonso

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103862

O estranxeiro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción.
Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.
A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.


ISBN:

9788411102346

Bullying

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mellor estar aí embaixo, no subterráneo, ardendo nas chamas. Mamá di que o inferno existe e que o ceo tamén. O do ceo está ben claro que existe porque levanto a vista e velaí o está, pero o inferno, de o haber, non creo que sexa tan terrible coma este onde estou».


ISBN:

978-84-9121-753-4

Granito

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 700
Formato: Rústica
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de
documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case
documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio
diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.


ISBN:

978-84-9914-984-4

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal