logo paquebote
7 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411105125

O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.


ISBN:

9788411104616

A ferida imaxinaria

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco para que se produza a primeira eclipse solar total que poderá verse nesa zona do mundo en moito tempo, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade.
As personaxes desta novela están fuxindo, pero non sempre saben de que. Coma se fosen corpos celestes, inflúense uns a outros sen tocarse. A observación dun acuario, a mentira patolóxica, os foros de internet, a televisión, e a obsesión polas catástrofes, a arte ou a astroloxía, convértense en mundos alternativos, útiles, sobre todo, para non estar neste.


ISBN:

9788411102650

O libro grande dos números pequenos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Osos e caracois, planetas e flores, corazóns e barcos desfilan por este libro para primeiros lectores, cheo de cor e sorpresas. Divertidas rimas de números para contar do un ao vinte, do dereito e do revés. Porque contar e cantar todo é comezar.


ISBN:

9788411100861

Un elefante na sala de estar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 140
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era. O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia. Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.


ISBN:

9788411100304

Os seres queridos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cinco anos despois de ser nai por primeira vez, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia, que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. Berta Dávila configura en «Os seres queridos» un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.


ISBN:

9788411100618

Demetrio Demoscopio perdeu a chispa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le.
Berta Dávila estréase na novela infantil cunha deliciosa, tenra e divertida historia de amor, polas persoas e tamén polos libros.


ISBN:

978-84-9914-527-3

Raíz da fenda

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: Rústica
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor.
Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal