logo paquebote
3158 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103855

Muriel. Caos no laboratorio lácteo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio. A maxia e a ilusión envólveos por completo e involúcraos nunha misión fermosa e entrañable que, ademais, lles abrirá as portas da sospeita. Serán quen, os dous compañeiros, de desentrañar o misterio que hai tempo os intriga? Non hai elección: sube ao carro de leiteiro e... boa viaxe!


ISBN:

9788411103862

O estranxeiro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción.
Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.
A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.




ISBN:

9788411103350

A fotógrafa Perpetua

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 21,5 x 26,4 cm.
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Perpetua sempre o tivo claro: ela ía ser fotógrafa, o mellor oficio do universo! As fotos que fai contan historias, explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás. Ser fotógrafa é marabilloso. Este libro, que tamén é un álbum de fotos, conta a vida de Perpetua, pero tamén algo máis: en todas as súas imaxes hai un segredo agochado.


ISBN:

9788411103374

Mediometrópole e os superheroes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cidade toman cartas no asunto e tratan de acabar de varias maneiras, algunhas delas verdadeiramente disparatadas, coa terrible ameaza de Morzilla, a lagarta tamaño XXL.


ISBN:

9788411103640

Unha saca de patacas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos.
Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.


ISBN:

9788411103633

O libro e o tapiz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar.
Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña.
Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febra consistente da identidade histórica galega.


ISBN:

9788411103572

Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus. A ciencia foi a táboa de salvación á que nos agarramos en momentos de incerteza e angustia; protexeunos, achegounos ao benestar e, en definitiva, foi quen nos rescatou da pandemia. Este libro conta como reaccionamos e como o apoio á investigación trouxo vacinas e terapias, aflorou a esperanza e comezamos a ver a luz ao final do túnel. Grazas ao aprendido, afrontaremos mellor os desafíos no futuro, por iso cómpre coñecer a ciencia e aplicala a conciencia.


ISBN:

9788411103060

A pintura debida

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "A pintura debida", un libro de relatos enfiados entre si, onde a miseria, a violencia ou a inxenuidade infantil focalizan a trama de cada narración. A través de diferentes perspectivas, desde os ollos dun cativo en tempos de posguerra ata os dunha libreira na actualidade, o autor consegue debullar a crueza do cotián e cédelle o pincel da piedade a uns personaxes que se enfrontan a cadanseu lenzo en branco.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal