logo paquebote
3158 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104623

Un animal chamado néboa

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.
«Un animal chamado néboa» é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque «USS Indianapolis», os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do «Enola Gay» forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.


ISBN:

9788411103398

Crónicas da cinza

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 344
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A historia dos migrantes galegos que chegaron a América para navegar en barcos, para alimentar caldeiras, para descargar fardos, ou para construir e dirixir sindicatos nos que se agrupaban traballadores portuarios e marítimos, segue a ser unha sorte de dilema historiográfico, agochada, como semella, no seo dunha interpretación heroica ou patriótica da migración americana. Ao cabo, porque o Atlántico non deixa de ser un elemento retórico que aparece en multitude de historias e análises migratorias, pero que, en realidade, é un permanente descoñecido. E iso porque, en realidade, aínda descoñecemos moitos dos elementos vinculados a ese océano, sobre todo un que resulta fundamental: o seu protagonismo na vida das persoas e das sociedades. O que aquí aparece non é outra cousa que a historia dos individuos que o percorreron, que o padeceron e que souberon organizarse a cabalo das súas ondas.


ISBN:

9788411104067

Sete dentes de león

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.



ISBN:

9788411103879

Xa vemos palmeiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, nunha unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha viaxe ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha viaxe singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.


ISBN:

9788411103824

O corazón dos paxaros

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 25 x 16,2 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles.


ISBN:

9788411103886

Os mil e un días

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía.


ISBN:

9788411103770

Que pasa co galego?

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...
O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro.
"Que pasa co galego?" propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.


ISBN:

9788411103831

Ringo. Memorias dun coello fedello

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.


ISBN:

9788411103848

A abelliña que perdeu as ás

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar?
Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal