logo paquebote
3158 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411105156

Un anarquista

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os praceres da vida. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente.
Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia do Estado: o caso Scala. Queda unha pregunta. Quen era Miguel Duarte?


ISBN:

9788411105149

O incendio

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.


ISBN:

9788411105125

O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.


ISBN:

9788411105118

Dona Problemas. Salvadora da escola

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona Problemas terá que usar todo o seu enxeño para salvar a escola.


ISBN:

9788411104944

Sempre libres e vivas «En negro contra as violencias»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 464
Formato: , 18 x 14 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta

«Sempre libres e vivas. En negro contra a violencia de xénero» é un berro de sensibilización social que, neste libro, recolle o resultado dunha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede, para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stake-holders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.


ISBN:

978-84-11-10501-9

A viaxe de meu pai «Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 488
Formato: Rústica
Precio: 22,95
Añadir a la cesta

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención.
Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas...
Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.


ISBN:

978-84-11-10484-5

O tren fantasma

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta

A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el!


ISBN:

978-84-11-10502-6

Pan galego

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 256
Formato: Rústica
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, para min, os mellores pans e a mellor bolaría do mundo. Lembro perfectamente o día que lle comentei a alguén que ía facer un libro sobre o pan galego.
-Ah, pero o pan galego dá para un libro?
Sorrín de orella a orella e non dixen nin si nin non.
-Non o sabes ben. O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia. Porque o pan galego non é un, son moitos. O pan galego é un territorio inabarcable, inmenso. E se non me cres, abre o libro porque cho vou demostrar.


ISBN:

978-84-11-10472-2

A casa do amo «Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.


ISBN:

978-84-11-10503-3

A sombra cazadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal