logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788491213369

www.paquebote.com > Todos los libros > Un home estraño

ISBN:

978-84-9121-336-9

Un home estraño

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
“Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro
& #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal